domingo, 17 de marzo de 2013

De qué maneira lle afecta o cambio climático a España?

Por qué se está quentando o planeta?



Principalmento esto débese a queima de combustibles fósiles como son o petróleo, o gas e o carbón que na súa combustión liberan CO2 a atmosfera. Ao ser esto un problema global precísase o acordo e colaboración de todos os países.


Que solucións se propoñen?


  • A organización WWF, propón dúas solucións:
    - Mitigación: consiste en cambiar o modelo enerxético actual para un no que se 
    empreguen fonte de enerxia renovables que favorecen un desenvolvemento autóctono e
    diminúen a dependencia exterior.
   - Adaptación: todos os impactos ecolóxicos, sociais e económicos dependerán das medidas
    de adaptación que se tomen.
  • Greenpeace propón impulsar solucións que consigan deter o cambio climático dándolle especial atención o sector eléctrico e ao de transporte apoiando políticas que fagan posibles un sistema enerxético 100% renovable e tamén tratados internacionais que consigan reducir as emisións mundiais.


Como lle afectou o cambio climático a España?




  •        Neste pasado 2012 un total de14050 incendios arrasaron con 190000 hectareas de monte, o 60% dels producironse en espacios naturais protexidos.
  •       Tamén no outono deste ano que deixamos atrás as inundacións producidas deixaron danos por valor de 250 millóns de euros nas comunidades de Valencia, Andalucía e Murcia. Estes efectos chegaron tamén a Aragón e ás Baleares.
  •      Os 11 anos máis calurosos dende 1850 producíronse a partir da década dos 90. Calcúlase que as choivas poideron disminuir entre un 18% e un 42% a finais de século.
  •     No século XX o nivel do mar subeu entre 12 e 22 centímetros a nivel mundial e según as previsións podería aumentar 59 cm máis durante o XXI.
  •     No norte de España as precipitacións en forma de neve vironse reducidas iun 50% dende 1975. Os glaciares activos dos Pirineos perderon case o 90% de superficie dende principios do século XX e só persisten 18 dos 34 que foron inscritos no 1982.
  •      No referido a biodiversidade, especies do norte peninsular como son o oso pardo e o urogalo veran o seu territorio habitable reducido e outras como o alcornoque comezarán a asentarse en lugares máis septentrionais e a maior altitude.
  •  Sectores como a agricultura, a pesca, o turismo ou a construcción veránse afectados polos novos parámetros climáticos. Desapareceran cultivos dalgunhas desmarcacións e serán viables noutras novas como é o caso da vide. Os períodos turísticos variarán e alongarase a temporada turística do Norte xa que haberá máis días de sol e boas temperaturas e reduciránse no Sur durante os meses de calor excesivo do verán.

Rocío Fernández Cuíña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario