miércoles, 20 de marzo de 2013


 Os Proxectos Clima provocan interese entre empresas, profesionais e autoridades de Aragón

A través dunha xornada informativa, o executivo aragonés fixo fincapé na redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.
“Fomento da Redución de Emisións de GEI en sectores difusos: Proxecto Clima en Aragón”. Baixo este nome, o Goberno de Aragón celebrou unha xornada informativa que reuniu a empresas, profesionais e autoridades locais interesadas en reducir e evitar as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI). O conselleiro de Agricultura , Gandería e Medio Ambiente, foi o encargado de inaugurar este evento.
A importancia de levar a cabo este tipo de iniciativa dáse no interese público que provocaron os proxectos Clima que teñen presenza en Aragón, así como en outras Comunidades Autónomas e que se deron a coñecer no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente onde se firmaron os contratos de adquisición de trinta e sete proxectos que servirán para evitar a emisión de oitenta mil toneladas de dióxido de carbono (CO2).
Ademais, nesta xornada tamén se deu a coñecer como podemos actuar no ámbito de redución do cambio climático, impulsando, ademais, o desenrolo económico e a xeración de emprego en sectores de enorme potencial.     



Cristina Cabaleiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario