María Dapena e o cambio climático.
Que é o cambio climático?
O cambio climático supón un aumento de temperatura na terra.
Un dos maiores servizos que a atmosfera terrestre presta a vida é capturar parte do calor que nos chega do sol, grazas a eso temos unha temperatura media de 15ºC que permite a vida na Terra . Neste proceso do cambio climático intervén tamén o chamado efecto invernadoiro no que se ven emboltos diversos gases como carbono, metano e o vapor de auga entre outros.
O uso esaxerados dos combustibles fósiles como o carbón incrementa os gases do efecto invernadoiro co cal a temperatura na terra aumenta e isto produce o quecemento global e a este conxunto de proceso e o que denominamos o cambio climático.
A elevación da temperatura na Terra pode ser dunha fracción de grado cada dez anos e aínda que pareza que non, isto en poucos anos pode causar grandes alteracións no clima, e crear así problemas na saúde da terra.
O cambio climático só é unha consecuencia do mal que estamos levando os diversos tipos de enerxías e gases na terra. Os maiores culpables do cambio climático son os chamados PAÍSES DESENVOLVIDOS.
O peor de todo non son so os gases que mandamos a atmosfera se non que tamén talamos e queimamos as arbores os montes e as selvas.
Escollín este vídeo por que me pareceu que explica moi ben o cambio climático e todos os efectos que produce sobre a terra, ademáis de ser un vídeo divertido e entretido.
María Dapena Carracedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario